martes, 27 de abril de 2010

Peregrino Camiñante



Dende un comezo o Camiño de Santiago tiña diferentes rutas de chegada, pero co paso dos anos fóronse establecendo algunhas concretas, xustamente nas que os reis e ordes monásticas estableceron mosteiros, calzadas, pontes... e hospitais para poder auxiliar aos peregrins durante a súa camiñata.

Xa nunha das xoias bibliográficas conservada no arquivo da catedral de Santiago: “Liber Sancti Jacobi” popularmente coñecido como“Códice Calixtino” que está composto por cinco libros e varios documentos soltos. O libro V leva a cabo unha auténtica guía medieval da peregrinación a Santiago e nel indica moi detalladamente cales eran os camiños a seguir e os santuarios que se atoparían durante a ruta, as xentes, a comida, a hospitalidade, os costumes... ademáis diso describía as catro vías principais en Francia: a Vía Turonense, a cal saía de París, a Vía Lemovicense, a Vía Podense e uníanse pouco antes de entrar na zona da Península Ibérica; pero como derradeira Vía encontrábase a Tolosana que cruzaba os Pirineos ata baixar a Roncesvalles. E é dende ahí desde onde comeza o chamado Camiño Francés.


O Camiño Francés pódese dicir que é a ruta Xacobea máis transitada, sobre todo, canto máis nos achegamos a cidade compostelana xa que todas as rutas que interveñen no camiño, rematan ou únense a esta.


A ruta consta de 750 km e en realidade chega, ademáis de a Santiago de Compostela, a chamada “fin da terra”. É o que surxiu poucos anos despois da aparición dos restos do Apóstolo e que atraeu a millóns de peregrinos durante os séculos XI, XII, XIII e que se continuaría a o longo dos seguintes séculos. E aínda que sufrui certo declive a súa recuperación levariase a cabo mediante a función que decidiu levar a cabo o cura de O Cebreiro, Elías Valiño en 1972. A súa función foi recorrer esa milenaria ruta enchendo, axudado por axente das provincias polas que ía pasando,


de frechas as encrucilladas do camiño, labor que posteriormente sería seguida por asociacións e institucións.


O porto e a aldea de O Cebreiro abren a entrada a Galicia, por iso se di que se trata da última etapa do camiño, a súa paisaxe e a súa cultura, a cultura dos diferentes camiños de Galicia, trátase de “rutas” para a espiritualidade, para o dinamismo cultural e, como non, para o arte.






Os períodos de maior afluencia de peregrinos e visitantes a cidade de Santiago tanto mediante o camiño Francés como por outras vías, ten lugar nos Anos Santos Compostelanos, que se celebran cada 6, 5, 6, 11 anos, xa que só se celebran cando o día do Apóstolo, o 25 de xullo, cae a domingo, de aquí que este 2010 sexa Ano Compostelano. De maneira que cada século, terá 14 anos santos. Sen embargo, calquer ano e momento é idóneo para realizares o camiño hacia a cidade de Compostela.


Unha vez na cidade, a cal segundo o “Códice Calixtino” se pode entrar medainte sete portas, (“Entre dos ríos, uno de los cuales se llama Sar y otro Sarela, está situada la ciudad de Compostela. El Sar está al oriente, entre el Monte do Gozo y la ciudad; el Sarela está al poniente. SIETE son las entradas y puertas de la ciudad. La primera entrada se llama Puerta Francesa; la segunda Puerta de la Peña; la tercera, Puerta de Subfratribus; la cuarta, Puerta del Santo Peregrino; la quinta Puerta Faxeira, que lleva a Padrón; la sexta, Puerta de Susannis; la séptima Puerta de Mazarelos, por la cual llega el precioso vino a a la ciudad.”) o peregrino que chega á cidade por motivos relixiosos debe visitar a catedral, rezar algunha oración e cruzar a Porta Santa.


A Porta Santa ábrese, tapiada mediante un muro de pedras, a víspera ao ano santo da capital mediante unha ceremonia no exterior da catedral, posteriormente é atravesada polas autoridades relixiosas e só durante o Ano Santo, permanecerá aberta para que os visitantes a poidan atravesar facendo cola dende a praza da Quintana.

Non se trata tan só dunha experiencia relixiosa, xa que logo, tamén cultural, de arte, diversión...

O camiño de Santiago de Compostela vincula a todos os amantes do saber para levar a cabo unha aventura única mediante a camiñata.




Referencias de Internet:


http://es.wikipedia.org


http://www.arteguias.com/camino-santiago.htm


http://camino.xacobeo.es



Traballo de: Iván e Olalla

URBANISMO: A CIDADE MEDIEVAL E A CONFIGURACION ACTUAL. A EXPANSION DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.




La historia de Santiago de Compostela se remonta a la prehistoria, la cultura castreña, la llegada de los romanos y, como punto de inflexión, el encuentro del enterramiento del . A partir de ese momento la ciudad se conformará en torno al centro de poder representado por el arzobispo de Santiago y su representación física, la Catedral. El Camino de Santiago marcó desde entonces el devenir de la ciudad.

En el territorio que actualmente ocupa la catedral de Santiago existía un poblado romano, que se tiende a identificar como la mansión romana de Aseconia y existió entre la segunda mitad del siglo I y el siglo V. El poblado desapareció pero permaneció una necrópolis reutilizada como cantera que estuvo en uso quizás hasta la época del Reino Suevo de Galicia, llegando hasta el siglo VII.



El nacimiento de Santiago como se conoce ahora está ligado al descubrimiento (presumible) de los restos del Apóstol Santiago entre el 820 y el 835, la elevación del rango religioso de los restos, la Universidad y, en la actualidad, la capitalidad de Galicia. Compostela sitúase enton no interfluxo dos ríos Sar e Sarela (tributarios do Ulla) e vese orlada por unha seria de relevos de menor importancia. Posteriormente verase nunha época de decadencia na idade medieval aínda que será neste intre da historia de Compostela cando se constrúa a muralla, e será na idade moderna cando a cidade creza en amplitude. Éste feito vese ligado ao crecemento da universidade e co feito de ser designada en 1980 a capital da comunidade autónoma de Galicia. En 1965 púxose en marcha o primeiro proxecto xeral de ordenación urbana, que non tivo un gran éxito pois non se preveu o forte crecemento da urbe e o espacio que estaba preparado quedouse curto (esto coincide co boom edificativo que sucedeu na década de 1960-1970).


(muralla da cidade)





Cabe destacar tamen o plano urbanístico da cidade a día de hoxe, que atopamos resumido en éstas liñas:



O proxecto urbanístico de cidade, consolidado a partir da planificación fundamentada nunha práctica atenta á calidade ambiental consistente na rehabilitación urbano-ecolóxica, foi capaz de integrar no modelo escollido o seu contorno coa necesaria posta en valor do histórico deseño do territorio inserido no seu espazo natural.

A premisa de encamiñarse á consecución da sustentabilidade enmárcase nun modelo de ordenación da cidade consolidado e baseado na concreción dun crecemento e expansión da cidade central sen rachar a vertebración compacta e continua características de seu.

Os ámbitos espaciais nos que se estrutura a área urbana de Santiago atenden a integrar os barrios e periferias, a partir dun modelo urbanístico que lle presta unha atención singular aos aspectos de desenvolvemento sustentable e á recuperación histórica, urbana e ambiental. Este modelo baséase nos logros conqueridos polas políticas de rehabilitación e de infraestruturas da cidade histórica e da súa relación co medio natural para constituírense como un referente estratéxico de fortaleza da área urbana.

A expansión e difusión dos procesos de urbanización confírelle á cidade unha notable calidade e diversidade morfolóxicas do seu soporte territorial. O obxectivo de consolidar a heteroxénea trama urbana, a consecuencia dos diferentes procesos históricos de construción da cidade, realízase a partir dunha racionalización na utilización dos recursos territoriais.

Acotáronse ámbitos urbanos e multifuncionais cun significativo aumento da oferta de solo industrial e residencial dun xeito controlado e equilibrado, cunha notable previsión de construción de vivendas de protección oficial con actuacións que fomentan a diversidade e a cohesión social.

A planificación urbanística incide nun crecemento continuo, denso e compacto de tal xeito que a dimensión da cidade continúa a ser abarcable e, ao mesmo tempo, non condiciona de forma negativa a viabilidade futura dos diferentes aproveitamentos agropecuarios e forestais periurbanos e rurais. Desta forma, conséguese a preservación da paisaxe e dos recursos naturais ao minimizar o consumo do solo.


Trabajo realizado por:
Rubén y Álvaro




Urbanismo de Santiago de Compostela


Fundación da cidade

Antes do século IX, ano no que se funda Compostela, non existía a cidade como tal crese que había un campamento romano que puido chegar a ter certa importancia até o século VII.

Nos primeiros anos do século IX fundase a cidade de Santiago de Compostela porque se dixo que o Apóstolo Santiago estaba enterrado aquí. O rei Alfonso II trasladouse a Santiago con toda a súa corte e converterono nun centro de culto cristiá. Nestes anos construese a primeira igrexa de Compostela. A construcción desta é un fito importante para o urbanismo xa que se define por esta.

Nos séculos XI e XII foi a expansión do terreo urbanístico debido a dous acontecementos:

- Construcción da catedral románica.

- Definitivo recinto amurallado.

Deste xeito Compostela convértese nunha cidade burguesa con actividades artesanais e mercantís. O desenvolvemento urbanístico da cidade prodúcese a partir da catedral da que falamos anteriormente e con ela núcleos urbanos dispersos.

Outro aspecto moi importante que aconteceu nos primeiros anos da fundación da cidade foi que se converteu nun dos mayores núcleos de peregrinación de Europa.

Construcción da catedral

A construcción da catedra comezou arredor do ano 1075, promovida polo obispo Diego Peláez e o mestre Esteban.

Un dos fitos máis importantes para a súa construcción foi que o bispo Xelmirez accede ao episcopado e dalle un gran impulso á construcción da catedral. As obras rematan no 1125 e a partir de aquí a catedral e a cidade medran ao mesmo tempo e a súa estructura medieval queda definida até os nosos días.

No ano 1168 iniciase a segunda “fase” da construcción da catedra encarga ao mestre Mateo e nesta fase é cando se construen o Coro Pétreo e o Pórtico da Gloria, obra mestra do arte románico.

No século XIII a catedral mostrase en todo o seu esplendor e aumentan as peregrinacións o que dá lugar á construcción de conventos nas portas das cidades como os de Belvís, San Francisco, Santa Clara ou Santo Domingo situados fora da muralla.

Baixa Idade Media

Nos sécalos XIV e XV a cidade comeza a obter un carácter de cidade académica e estudantil.

A cidade renacentista

As primeiras décadas do século XVI supoñen o comezo da transformación urbanística do núcleo monumental de Santiago, iniciada coa fundación polos Reis Católicos do Hospital Real. É a época de esplendor do plateresco. O século XVI comeza incorporando a dimensión civil á cidade e péchase co rexurdimento das congregacións relixiosas. O Renacemento sentou as bases do extraordinario conxunto de espazos públicos dispostos arredor da basílica xacobea, que o período barroco se encargará de completar e perfilar.

A Compostela barroca

O ano 1657 pódese considerar como punto de arranque do barroco compostelán. A transformación urbana comeza coa reforma da catedral. Conventos, igrexas e edificios civís participan deste proceso do que xorde o rostro e o perfil urbano que hoxe admiramos. Mentres tanto, seguen os traballos orientados a converter a catedral no novo estandarte da Compostela barroca, que culminarán coa construción da fachada do Obradoiro. O episodio que pecha o ciclo barroco en Santiago é a construción do Pazo de Raxoi, que tamén configura a praza do Obradoiro. A obra iniciouse en 1767 sobre o proxecto do enxeñeiro Carlos Lemaur, de clara inspiración clasicista.

O século XIX

Ademais das intervencións destinadas a lle dar un maior decoro ó tecido urbano, durante o século XIX prodúcense en Santiago dúas operacións de carácter público e de forte impacto na súa fisionomía: a construción do Mercado ou praza de Abastos e do parque da Alameda. Neste século desaparecen as murallas da cidade.

O século XX

O proxecto máis ambicioso e de maior impacto sobre a aínda embrionaria trama urbana da cidade moderna, durante a primeira metade do século XX, foi a Residencia de Estudantes, que daría orixe ó Campus Sur. A actividade construtiva da cidade vaise centrar nese campus durante as décadas dos anos 60 e 70, un tempo marcado polas tensións e especulacións inmobiliarias que dan orixe ó actual Ensanche.
Un feito histórico decisivo para a cidade de Santiago foi a constitución en 1980 da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa designación como sede da Xunta de Galicia (Goberno galego) e das institucións autonómicas, converténdose en capital política e administrativa de Galicia. Ademais, Compostela experimentou un forte impulso como cidade cultural, comercial e de servizos, impoñéndose unha redefinición do papel da cidade e das súas infraestruturas.

A Compostela do novo milenio

A dimensión que Santiago de Compostela segue a ter como cidade cultural e universitaria, e como punto de encontro para xentes de todo o mundo, alcanzou a súa concreción en diferentes intervencións urbanas que, pola súa calidade e singularidade, participan activamente no diálogo global da vangarda arquitectónica e urbanística deste novo século, como é o caso do Auditorio de Galicia, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), a facultade de Xornalismo, a reordenación da avenida Xoán XXIII –cunha gran marquesiña en fuga e a dársena de autobuses como actuacións destacadas, a Biblioteca pública–, o Palacio de Congresos e Exposicións, o parque de San Domingos de Bonaval, a Cidade da Cultura... que xunto cos abundantes e coidados espazos verdes, a apertura de novos espazos públicos, as esculturas diseminadas pola paisaxe urbana, etcétera fan de Compostela unha cidade na que conviven, dunha forma única, pasado e futuro. Tradición e actualidade.


Traballo realizado por:

Andrea

Alejandro

ARQUITECTURA DEPORTIVA DO SÉCULO XX E COMEZOS DO XXI EN SANTIAGO DE COMPOSTELA


O patrimonio que Santiago de Compostela ofrece incrementouse nas dúas últimas décadas cun sobresainte conxunto de obras de arquitectura contemporánea e de actuacións urbanísticas de deseño, algunhas das cales se realizaron na zona monumental, nun diálogo co patrimonio histórico que foi merecedor do aplauso internacional.

A importancia de Santiago ao longo da historia converteu a cidade no centro efectivo e simbólico de Galicia, estímulo ao que as institucións públicas responderon con edificacións e deseños urbanos de calidade que nos últimos quince anos se realizaron na cidade, asinados por algúns dos máis importantes nomes da arquitectura contemporánea mundial: Álvaro Siza, Manuel Gallego Jorreto, Giorgio Grassi, John Hejduk, Josef Paul Kleihues, Alberto Noguerol, Jean Nouvel, Andrés Perea, Arata Isozaki, Peter Eisenman, Norman Foster, César Portela, Víctor López Cotelo, Albert Viaplana, Helio Piñón, etc.

Desta vez imos ocuparnos da arquitectura deportiva do século XX e comezos do XXI.



ESTADIO DE SAN LÁZARO

pastedGraphic.pdf

A chegada do ano 1993, cos seus investimentos modernizadores en Compostela, permitiu que Santiago teña o Estadio de Deportes que merece. Situado en San Lázaro, nun alto, á beira da autoestrada do Atlántico e perfectamente comunicado coa cidade, a capital de Galicia conta xa cun multiusos deportivo no que as comodidades, servizos e instalacións permiten que se poida falar dun estadio de categoría, aínda que máis de 15 anos despois se esté comezando a quedar anticuado, e condenado a caer en desuso.


O seu deseñador, o arquitecto Andrés Fernández-Alabalat Lois (nado en A Coruña no 1924) contou cun orzamento de 2.700 millóns das antigas pesetas, para dotar a Santiago de Compostela dun estadio de considerable envergadura (físicamente, 200.000 metros cadrados de superficie). As dimensións do terreo de xogo son 107x68 metros, e a capacidade está arredor dos 14.000 siareiros (todos sentados) e os cerca de 20.000 que se teñen dado algunha vez, con xente de pé.


A súa construción foi impulsada grazas, fundamentalmente, aos éxitos deportivos da SD Compostela. Pero non é de uso exclusivo futbolístico: tamén consta de pista de atletismo (8 rúas de 400 metros), ximnasios para adestrar que ocupan un total de 4.000 metros cadrados, e a posibilidade de practicar deportes de pista. Para a iluminación empregáronse 4 torres fóra do estadio, fustes ou columnas de hormigón, onde se colocaron grandes paneis de proxectores.


O edificio aséntase sobre unha ampla plataforma de acceso que se arella co viario do Plan Especial da zona e cun aparcadoiro complementario. O terreo foi un obstáculo serio para a súa construcción, un terreo elástico nada axeitado para o recheo e compactado das zonas de xogo e deporte.


Ademais das instalacións deportivas e o aparacadoiro, conta cun área administrativa e un bulevar.


O custo do proxecto foi de 16.230.000 € (uns 2.700 millóns das antigas pesetas).


Un dos momento máis importantes da historia do estadio é o seguinte, San Lazaro exibíuse ao mundo, grazas a Ronaldo:


http://www.youtube.com/watch?v=LEOFxq2vbiw


San Lázaro converteuse no “Estadio Nacional” para moitos, xa que a selección galega debutou en 2005 fronte a Uruguai, ante un estadio que se quedou pequeno para a ocasión (a única vez…):


http://www.youtube.com/watch?v=ISGaIER5WhM
















PAVILLÓN MULTIUSOS FONTES DO SAR


pastedGraphic_1.pdf


É un pavillón multiusos construído na nosa cidade no ano 1998. Ten un aforo de 6.025 persoas sentadas, cando se sitúa unha grada retráctil no lado oposto á entrada. É o polideportivo máis grande de Galiza (seguido do Pazo dos Deportes de Lugo) se non contamos o Coliseo de A Coruña como pavillón.


A versatilidade e estrutura funcional do edificio, ten a virtude de facer compatible o seu uso diario como centro lúdico e deportivo coa realización de grandes eventos sociais e culturais. Os máis de 10.000 metros cadrados de superficie que compoñen as instalacións do Multiusos Fontes do Sar, (con piscinas ó aire libre, Edificio Multiusos e as 500 prazas de aparcadoiro situadas no exterior) foron creadas baixo un criterio ben definido: A Multifuncionalidade.


O Multiusos Fontes do Sar alberga concertos (actuaron artistas da talla mundial como Bob Dylan ou Sting) e mesmo a semana pasada espectáculos tan diversos como o Circo du Soleil. Tamén se practica waterpolo e natación. E mesmo en 2008, o Goberno da Xunta de Galiza encheu o polideportivo de area para que a selección galega de fútbol praia puidera debutar diante da selección de Portugal. Mais sen dúbida, a práctica máis importante que se fai no Multiusos é a dos equipos profesionais da cidade: o Arteal de tenis de mesa, o Autos Lobelle de futsal e o Obradoiro CAB que milita na mellor liga de baloncesto de Europa e “enche” o pavillón cada vez que xoga na casa. Actualmente, e sobre todo os siareiros do baloncesto, están a alcumar ao Multiusos Fontes do Sar como o “Mexillón Arena” pola publicidade de Mexillón de Galicia que se mostra no recinto.


Segundo o arquitecto redactor do proxecto “neste pavillón está moi clara a idea toda a historia de Santiago de Compostela”. O orzamento para a obra foi de 19.230.000 € (3.200 millóns das antigas pesetas).





CAMPO E PAVILLÓN MUNICIAPAL DE SANTA ISABEL


pastedGraphic_2.pdf


pastedGraphic_3.pdf


É o terceiro recinto máis importante da cidade. Con capacidade para albergar a 1.200 persoas emprégase principalmente para a práctica de fútbol e fútbol 7, en modalidades base.


Sitúase mesmo moi preto do centro da cidade, e ao lado está o pavillón referencia de Compostela ata a construción do xa mencionado Multiusos Fontes do Sar. O Pavillón Municipal de Santa Isabel ten capacidade para algo máis do millar de espectadores e o seu uso non é público, baixo solicitude como a maioría dos pavillóns da cidade, senón que se reserva para que os deportistas dos equipos profesionais da cidade adestren.





PAVILLÓN DO RESTOLLAL


pastedGraphic_4.pdf


É terceiro pavillón máis importante de Compostela. O aforo do mesmo redúcese moito contando con tan só 600 lugares para espectadores. A superficie é de parquet e conta con 6 vestiarios (dous deles destinados para tarefas arbitrais).


Preparado para a práctica deportiva de calquera modalidade de pista. Na actualidade adícase principalmente a celebrar actividades de karate e futsal.

O orzamento total do pavillón, ubicado nunha parcela de 2.100 metros e deseñado polo arquitecto Antonio Pena, é de 1.065.374 euros.


O resto de recintos deportivos de Santiago de Compostela son, os pavillóns municipais de Santiago Apóstol, Carmen Estévez (Roxos), Quiroga Palacios, Lamas de Abade, Lorenzo de la Torre, Monte dos Postes e Vite, os pavillóns de colexios con mención especial para o do Instituto Rosalía de Castro e o campo municipal de As Cancelas.



pastedGraphic_5.pdf


(Pavillón do Rosalia de Castro)



-Reflexión final:


Dende o noso parecer pensamos que a nosa cidade está avanzada no que se refire a deportes que se practican “a teito pechado”. Estamos orgullosos de ter o mellor pavillón de Galiza (por outra banda é algo máis que compresible xa que temos os mellores deportistas da Terra en fútsal e baloncesto) e non estamos tan orgullosos do Estadio San Lázaro, que ten moito que envexar aos estadios doutras cidades galegas como A Coruña, Vigo ou mesmo Pontevedra, coa reforma do seu estadio. Tamén comprendemos que sexa así, xa que a capital de Galiza non goza do primeiro nivel de deportes que se pratican “ao aire libre”… Resumimos a nosa postura coa frase: temos o que merecemos, pero non esquezamos de que estivemos precisando durante anos destas instalacións das que agora podemos gozar.


Traballo realizado por:

Juan, Pedro e Alberto

O ROMÁNICO EN SANTIAGO: A CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA



Características xerais

Exemplo de románico: catedral:

-Pórtico da gloria

-Fachada sur :praterías

-Fachada norte: azabacheria

-Capela que iniciou a catedral : San Salvador

-Mestres que levaron a cabo a realización escultórica da catedral



Características xerais do románico

O gran numero de estilos das distintas escolas rexionais ( aglonormanda, lombarda, saxona ect) conduciu a fixación do termo románico nos seculos XI e XII.

Con esta denominación designamos unha series de obras que, en virtude do uso de arco de medio punto e boveda de medio canon e de aresta, podian verse como derivación da arquitectura romana, nun proceso similar o que sufriron as linguas románicas respeto o latín.

Os conceptos de mímese ou imitación, naturalismo ou proporcionalidade propios do mundo antigo, quedan totalmente obsoletos no románico. No seu lugar dase prioridade o valor e calidade dos materiais preciosos como o ouro, a prata ou as xemas, asi como a función alegórica -simbólica da imaxe.

En toda a arte románica apreciase a vontade de proclamar o triunfo da igrexa cristiá, o que motivo a creación dun novo tipo de templo, no que toda manifestación artística- arquitectura, escutura e pintura – se subordinase o servizo da gloria de Deus.

Como exemplo de romanico perfecto atopamos a Catedral de Santiago de Compostela da que a continuación faremos referencia.

Comezaremos falando acerca da sua orixe, do seu interior, das diferentes fachadas e dos distintos mestres que traballaron nela.

Ficha técnica da catedral

Autores: mestre Bernardo, Mestre Estevo, e mestre Mateo

Cronoloxía: 1077-1211(XI- XIII)

Estilo: románico

Tipoloxía: Igrexa de peregrinación

Historia

Tras o descubrimento da tumba do apostolo(814) construíuse unha sinxela igrexa con elementos mozárabes e visigodo, destruida por Almanzór( S.X) a actual catedrál levantouse en tempos do obispo Diego Pelaez e é na epoca de Xelmirez donde a catedral

Descripción da catedral de santiago

A catedral consta de tres naves precedidas por un pórtico cun amplo transepto dividido en tres naves con catro absidiolas nos brazos e unha importante cabeceira cunha esplendida ábsida e con deambulatorio ou xirola e con cinco capelas radiais o seu arredor.

A nave central cuberta por unha bóveda de canon, reforzada con arcos faixóns e as naves laterais cubertas por bóveda de arista. No cruceiro levantase un ciborio sobre trompas.

A altura divídese en dous niveis superpostos: arcadas e tribuna. As arcadas presentan piares cruciformes con columnas pegadas en todos os seus lados, que reciben o peso dos arcos faixóns que cortan a bóveda en sentido transversal, formando distintos tramos .No segundo nivel, ábrese unha tribuna onde adoitaban colocarse os peregrinos . Este espazo ilumínase a través de grandes ventás.

No deambulatorio, a parte máis antiga, encóntrase a capela do Salvador, que conserva o recordo do prerrománico pola súa planta rectangular externa.

No exterior, do estilo románico, só queda original a fachada sur do transepto: a porta de Praterías. Cos séculos, o conxunto sufriu modificacións entre as que destacamos o claustro plateresco do século XVI pegado o lado sur,a cúpula que substitúe o ciborio do cruceiro, a Torre do Reloxo e a fachada do Obradoiro .

A particular estructura da catedral, con tribuna, transepto, e deambulatorio facilita a circulación de peregrinos.







Fachada oeste: Pórtico da Gloria

Ficha técnica:

Autor: Mestre Mateo

Cronoloxía: 1168-1188( 2º metade S. XII)

Estilo: Románico tardío


Descrición formal


O pórtico divídese en tres arcos, o central o máis grande e o único que ten tímpano que esta dividido por un parteluz coa figura do apóstolo Santiago. A nivel horizontal distínguense tres rexistros: o inferior está decorado con animais fantásticos; o medio está formado polas columnas coas estatuas dos apóstolos e na franxa superior sitúanse os tres arcos que coroan as portas.

O pórtico representa a segunda vinda de xesucristo a terra. De abaixo a arriba na base do parteluz aparece a árbore xenealóxica de Xesús, ao que lle segue a figura de Santiago vestido de peregrino, situado aos pes de Cristo, representado no tímpano. Na parte posterior do parteluz distínguese a efixie do Mestre Mateo.

No centro do tímpano está Cristo rodeado dos catro evanxelistas, ou tetramorfos . A súa vez, estes están acompañados de anxos cos símbolos da paixón de Xesús e unha representación dos elixidos de Deus para compartir o paraíso. Nas arquivoltas esculpíronse os 24 anciáns do Apocalipse.

Na porta lateral esquerda representase a Cristo con Adan e Eva e algúns profetas do Antigo Testamento . Na porta dereita, descríbese o Xuízo Final.



Fachada Sur. Porta de Praterías

Autor: Mestre Estevo, Mestre do Cordeiro e Mestre da traizón entre outros.

Cronoloxía. S. XII

Estilo: Románico

Esta fachada situada no transepto sur da catedral é a única que se conserva intacta. O tímpano dereito está dedicado ao Cristo redentor, destacando a súa dobre natureza: humana e divina.Represéntanse varios temas: Na parte superior, a Epifanía e na parte inferior, escenas da paixón referentes a condición humana de Cristo.

No tímpano esquerdo aparecen representadas as tentacións de Xesús, a árbore da ciencia do ben e do mal coa serpente enroscada, unha figura montada sobre un león, Eva cun cranio no colo etc.

A fachada sur presenta un aspecto moi desordenado.







Mestre relevantes da catedral: Mestre Mateo , Mestre do Cordeiro, Mestre Estevo, Mestre da Traizón


Mestre Mateo: Era arquitecto e escultor. Formouse en Avila e coñecía as técnicas de construción empregadas en edificios franceses. Permaneceu en Santiago e foi autor do Pórtico da Gloria e da cripta, así como do triforio do piso superior.







Mestre Estevo: Traballo en Saint Sernín De Tolousse, Traballou tamén en Pamplona e San Isidoro de León, as súas obras caracterízanse por un coidado estudio anatómico: rostros de ollos avultados, beizos grosos, rizos soltos e pregamentos paralelos en forma de U. A el debenselle entre outras o rei David Músico e Eva co craneo no colo

Mestre do Cordeiro: e monótono e repetitivo no tratamento das anatomías e na disposición dos panos, rostros inexpresivos e tendencia a xeometrización.




Mestre da Traizón.: As súas esculturas teñen volume. Atibueselle o tímpano dereito de praterías

Mestre deo cordeiro

Chamase así porque traballou na porta do cordeiro de San Isidoro . E monótono e repetitivo bo tratamento das anatomías e na posición dos panos, rosotros inexpresivos, tendenciaa xeometrización . Fixo o Pantocrator. A el se debeu a creación de eva.



Traballo realizado por: Judit e Merche


Fonseca na procura do saber

Con máis de cincocentos anos de existencia, a Universidade de Santiago de Compostela é unha institución con vocación de futuro e capacidade de proxección máis alá das súas fronteiras naturais, sempre atenta ás necesidades da sociedade na que constitúe un referente académico e na que desenvolve o seu labor docente e investigador. Séculos de historia que achegan o valor engadido da experiencia ao percorrer do camiño que a USC está a trazar na consecución dos seus retos presentes e futuros.

O primeiro xermolo da Universidade de Santiago está vinculado á acción persoal dun notario compostelán chamado Lope Gómez de Marzoa, quen crea en 1495, co apoio do abade de San Martiño Pinario, unha escola para pobres que foi coñecida como Estudo de Gramática e que se instalou nunhas dependencias do mosteiro de San Paio de Antealtares. Dende este momento ábrese un período de incerteza fundamentado na escaseza de recursos. No ano 1504, accede a esta institución educativa a familia Diego de Muros. Este relixioso consegue que o Papa Xulio II conceda unha bula que permite a realización de estudos superiores no Estudo Vello ou de Gramática.

O período no que a Universidade acada o seu desenvolvemento definitivo vén definido pola figura de Alonso III de Fonseca, nomeado arcebispo de Santiago en 1507, que herdou o título do seu pai Fonseca II. Alonso de Fonseca está considerado como unha persoa extremadamente culta, un home do Renacemento, mecenas de numerosos artistas e sabios do momento, que mantén contacto con asiduidade con pensadores como Erasmo de Rotterdam.

Desta época data a compra para a Universidade do antigo Hospital de Peregrinos co obxecto de transformalo no colexio universitario. Constrúese o de Santiago Alfeo, hoxe denominado como Colexio de Fonseca, epicentro da vida universitaria ata a segunda metade do século XVIII. A finais do século XVI e comezos do XVII créanse o colexio de San Patricio ou dos Irlandeses e o de San Clemente, e a mediados de século trasládase o de San Xerome á súa actual localización.

Estes colexios, de xeito distinto ao que sucede hoxe, aglutinaban todos os estudos nun mesmo edificio, onde tamén residían en réxime de internado. Naquela época a oferta formativa estaba configurada pola teoloxía, a gramática e as artes, disciplinas que logo se completarían co estudo das Leis e a Medicina, con atención case exclusiva, no caso das Leis, ao dereito eclesiástico, e preocupados pola saúde da alma máis ca polo coidado do corpo, no caso de Medicina.

O século XVIII trae unha transformación profunda á Universidade de Santiago de Compostela, de xeito que se completa o proceso de secularización da institución a afastarse do control eclesiástico. A dinámica centralizadora á que se ven sometidas as institucións nesta época contribúe a que a Universidade perda certa autonomía. Foi daquela cando Carlos III concede a condición de "rexia" á USC, engadindo ao seu distintivo a coroa real que, sobre as armas de Castela, León e Galicia, e xunto aos emblemas heráldicos dos seus fundadores máis destacados, intégrase no escudo.

Tras a expulsión dos xesuítas ordenada por Carlos III, este concédelle á Universidade os terreos e edificios que esta orde relixiosa posuía en Santiago, constituíndo o centro da nova universidade ilustrada. De inmediato realízase un novo plan de estudos, recupéranse disciplinas cedidas a certas congregacións relixiosas, créanse graos académicos e introdúcense novas ensinanzas prácticas e científicas, como Física Experimental ou Química.

A chegada do século XX trae á Universidade de Santiago unha nova xeración de intelectuais, futuros protagonistas de boa parte do rexurdir cultural de Galicia naquela época. Paralelamente as distintas correntes do pensamento nos diferentes campos científicos atopan na USC acollida e impulso, o que propicia o achegamento á USC de figuras senlleiras nos distintos ámbitos da ciencia. Neste período a USC experimenta un significativo aumento do seu número de alumnos así como das carreiras ofertadas, coa conseguinte dotación de infraestruturas. Deste xeito remátanse a ampliación do edificio da Universidade, a actual Facultade de Xeografía e Historia, constrúese ademais o Colexio de Veterinaria (actual Parlamento de Galicia), o Colexio de Xordomudos (sede da Xunta de Galicia) e a Facultade de Medicina. Outro gran proxecto foi a Residencia Universitaria, acometido na década de 1930. En definitiva, trátase dun período de expansión no que melloran os equipamentos e se rexionalizan os estudos, na procura de adaptarse mellor á realidade galega.

Outra característica que trouxo o século XX foi o inicio de relacións con institucións de ensino universitario estranxeiras, nun primeiro momento fundamentalmente portuguesas, así como o acceso da muller ás aulas (curso 1913-1914). Ademais increméntase de xeito notable o volume de libros da institución, con novas e destacadas doazóns, como a da Biblioteca América.

Nesta progresión o levantamento militar contra o goberno da república e o estoupido da guerra civil déronlle un novo senso o camiño que estaba trazando a universidade compostelá. Os golpistas dominaron a cidade, depuraron a universidade impoñendo un novo reitor e normas como as de rezar antes e despois de cada clase. Xustamente, a oposición antifranquista en Santiago proviña dos intelectuais e dos estudantes e non dos movementos obreiros, tal e como sucedeu na Coruña, Vigo ou Ferrol, por citar algúns exemplos.

Xa nas últimas décadas, xa segregadas as universidades da Coruña e Vigo, a USC seguiu medrando ata chegar a contar a finais dos anos 90 con máis de 45.000 estudantes. Na actualidade entre os dous campus, de Santiago e Lugo, os universitarios dispoñen de preto de 30 centros, cerca de oitenta departamentos e máis de sesenta titulacións, ademais de numerosas instalacións como os institutos de investigación, residencias universitarias, instalacións deportivas ou culturais, bibliotecas, etc. En fin, despois de máis de cinco séculos, a Universidade de Santiago de Compostela segue mirando con decisión cara ao futuro, respectando o seu pasado, pero promovendo cada día novas iniciativas, poñendo o coñecemento e o seu liderado ao servizo da sociedade á que se debe.


Traballo realizado por:

Adrian, Jose e Vicente


La Leyenda Xacobea.Realidad o ficción.La configuración de un mito.


pastedGraphic.pdf

Hablar de Santiago de Compostela obliga a hablar de la leyenda jacobea y del traslado del cuerpo del apóstol a Santiago.

Según cuenta la leyenda, dos de los discípulos del apóstol, Atanasio y Teodoro, llegaron a Iria Flavia desde Jerusalén en una misteriosa barca, en busca de algún lugar seguro donde enterrar el cuerpo del apóstol. Atracaron en la villa romana de Iria Flavia y amarraron la barca a una piedra,el pedrón, una ara romana que aún se conserva bajo el altar de la iglesia parroquial de Santiago de Padrón y que además le dio el nombre de Padrón a esta villa fluvial.

Una vez en tierra firme tomaron dirección al norte y encontraron el Castro Lupario, también conocido como Castro de Francos o Castro da Beca, por estar localizado entre estos dos lugares pertenecientes a los ayuntamientos de Teo y Brión, respectivamente. En aquellos tiempos, en Castro Lupario, habitaba la reina Lupa, principal propietaria y mandataria de la comarca y quien supuestamente construyó un castillo en el interior de este castro cargado de leyendas y secretos agachados bajo tierra. La reina Lupa los mandó a junto de Filotro, gobernador romano que residía en Dugium (actual Duio en Fisterra) pues ella, en un primer momento, no les quiso proporcionar ayuda.

Cuando llegaron a Dugium, Filotropo los encarceló sin contemplaciones al considerar que todo era una farsa. Una noche un ángel los liberó milagrosamente y, perseguidos por los soldados romanos, emprendieron la huida de regreso a Castro Lupario. Los huidos cruzaron sin ningún impedimento el puente de Ons o puente de Pías(Brión), pero sus perseguidores perecieron en aguas del río Tambre al derrumbarse el puente cuando cruzaban.

De esta forma llegaron otra vez al Castro Lupario, y le rogaron a la reina Lupa que les facilitase un lugar onde enterrar al apóstol. Ella cedió a sus súplicas y los llevo al monte Iliciano(actual Pico Sacro) donde les facilitó dos bueyes salvajes y un carro para transportar el cuerpo hacia otras tierras. De forma milagrosa los dos bueyes no ofrecieron resistencia cuando los discípulos quisieron ponerles el yugo, y ellos mismo, instintivamente, iniciaron una travesía que los llevo hasta la actual fuente de la calle del Franco. A pocos metros de este lugar los discípulos decidieron enterrar el cuerpo del apóstol Santiago. Varios siglos después, cuando se descubrieron los restos mortales, se levanto allí la catedral compostelana.

Entre los cientos de leyendas que rodean a la catedral es necesario citar dos. La primera está relacionada con la campana de la de la Berenguela que, según cuenta la leyenda, en ciertas ocasione, en lugar de de las doce campanadas que señalan la media noche toca trece. En esta hora de más, el diablo aprovecha para vagar por las calles de la ciudad atemorizando a los habitantes y llevándose consigo alguno de ellos. La segunda está relacionada con el botafumeiro, que además de humo, arrastra también el temor de que algún día se pueda soltar y caer sobre los allí presentes. Se cuenta que uina vez llego a soltarse y salió disparado por una de las ventanas de la fachada de Platerías y cayo en la calle del Vilar donde mató a un castaño que tenía allí su puesto. Ficción o realidad el caso es que en el año 1499 el botafumeiro se desprendió de sus cuerdas y aterrizo en una de las puertas del crucero.

Entre los años 820 y 830 se encontró el sepulcro del apóstol Santiago en un monte en el que pocos años después nacería la ciudad de Compostela según dice la leyenda, un ermitaño de nombre Pelayo, vio extraños fenómenos luminosos en el bosque cercano a su iglesia y recibió en sueños revelaciones angélicas, avisó entonces a Teodomiro obispo de Iria Flavia quien, después de tres días de ayuno, ordenó rastrear la zona y halló entre la maleza un monumento funerario que al instante identificó como la tumba de Santiago. El rey de Asturias, Alfonso el Casto, que fue el primer peregrino que acudió a venerarla.

La cuestión ahora es la siguiente: ¿es realmente cierto el mito y están los restos del apóstol ahí?

Se le ha entregado a un grupo de científicos una labor en la identificación de los restos hallados pero sólo pudieron certificar que se trataba de restos humanos muy antiguos.

Un profesor de historia medieval de la Universidad de Santiago apunta que la leyenda del apóstol cabe tanto el hallazgo como al invento pero siendo un descubrimiento o una fábula sus resultados son igualmente fantásticos ya que consigue atraer a miles de peregrinos todos los años, especialmente los años santos.

También se ha dicho que quien realmente ocupa el sepulcro no es el apóstol Santiago sino Prisciliano, obispo y hereje ajusticiado en el siglo 4.

Otras fuentes dicen que fue ejecutado en Jerusalén lo que hace suponer que predicó el Palestina y allí lo enterraron.

A nuestro parecer la leyenda es un mito que sea cierto o no, cosa que nunca se sabrá atrae a miles y miles de peregrinos cada año a visitar su tumba, debido a la fe que tiene esas personas. Es un tinglado político, turístico y cultural que mantiene vivo el mito del patrón de España.

Traballo realizado por:

Elena e Xacobo.

BIBLIOGRAFÍA:

  • LIBRO: Galicia en comarcas: Santiago de Compostela
  • ARTÍCULO PERIODÍSTICO: escrito por Xosé Hermida
  • PÁGINA WEB: www.portalplanetasedna.ar/santiago_compostella.htm


El camino portugués: El camino de losTrobadores;

Desde antiguo los peregrinos portugueses atravesaban de sur a norte las tierras portuguesas por varios caminos. La ruta de la costa llegaban a Oporto a través de Lisboa y Coímbra,para continur por Barcelos,Ponte de Lima y Valença do Minho ,entrando en Galicia por Tui(puente internacional).No se trata del único itinerario Xacobeo desde Portugal como por ejemplo el que entra por Orense y se unen a la Via de la Plata-camino del sudeste.Pero tradicionalmente se reservó la denominación de Camino Portugués para la ruta de la costa.

Ten una distancia total de:658.4


Dos puntos de importantes del camino son:el milagro del gallo de Barcelos y el prodigio del caballero de Maia.

Reyes y principes de Portugal peregrinaron por esta ruta como por ejemplo;Rey Dinis,Don Manuel el Afortunado y sobre todo Santa Isabel de Portugal. Su tumba esta en Coimbra donde quiso ser enterrada con el báculo y el manto de peregrina.

El Camino de los Trovadores. Si el Camino Francés es el Camino de la Épica, el Camino Portugués es el Camino de la Lírica. No encontrará aquí el peregrino las mesetas desoladas del Camino Francés, ni tocará el cielo con las manos en altísimas montañas, tampoco saldrá a su paso ningún Roldán, ni Carlomagno, ni Mio Cid, pero en lo profundo de las fragas, en el silencio de las encrucijadas, al pie de los cruceiros milenarios saldrán a su paso las sombras amables de los trovadores: Bernal de Bonaval, Martín Codax, Meendiño, desgranando cantigas de amigo en el atardecer del antiguo mar de occidente.

Entre las advocaciones del recorrido destaca la Virgen Peregrina de Pontevedra, la capilla de Santiaguiño do monte, la figura de San Telmo

Traballo realizado por:

Daniel, David e Alberto

BIBLIOGRAfÍA:

www.uvigo.es

www.amigosdelcamino.com

libro:la gran obra de las caminos de Santiago(Hercules de ediciones S.A)