martes, 27 de abril de 2010

ARQUITECTURA DEPORTIVA DO SÉCULO XX E COMEZOS DO XXI EN SANTIAGO DE COMPOSTELA


O patrimonio que Santiago de Compostela ofrece incrementouse nas dúas últimas décadas cun sobresainte conxunto de obras de arquitectura contemporánea e de actuacións urbanísticas de deseño, algunhas das cales se realizaron na zona monumental, nun diálogo co patrimonio histórico que foi merecedor do aplauso internacional.

A importancia de Santiago ao longo da historia converteu a cidade no centro efectivo e simbólico de Galicia, estímulo ao que as institucións públicas responderon con edificacións e deseños urbanos de calidade que nos últimos quince anos se realizaron na cidade, asinados por algúns dos máis importantes nomes da arquitectura contemporánea mundial: Álvaro Siza, Manuel Gallego Jorreto, Giorgio Grassi, John Hejduk, Josef Paul Kleihues, Alberto Noguerol, Jean Nouvel, Andrés Perea, Arata Isozaki, Peter Eisenman, Norman Foster, César Portela, Víctor López Cotelo, Albert Viaplana, Helio Piñón, etc.

Desta vez imos ocuparnos da arquitectura deportiva do século XX e comezos do XXI.



ESTADIO DE SAN LÁZARO

pastedGraphic.pdf

A chegada do ano 1993, cos seus investimentos modernizadores en Compostela, permitiu que Santiago teña o Estadio de Deportes que merece. Situado en San Lázaro, nun alto, á beira da autoestrada do Atlántico e perfectamente comunicado coa cidade, a capital de Galicia conta xa cun multiusos deportivo no que as comodidades, servizos e instalacións permiten que se poida falar dun estadio de categoría, aínda que máis de 15 anos despois se esté comezando a quedar anticuado, e condenado a caer en desuso.


O seu deseñador, o arquitecto Andrés Fernández-Alabalat Lois (nado en A Coruña no 1924) contou cun orzamento de 2.700 millóns das antigas pesetas, para dotar a Santiago de Compostela dun estadio de considerable envergadura (físicamente, 200.000 metros cadrados de superficie). As dimensións do terreo de xogo son 107x68 metros, e a capacidade está arredor dos 14.000 siareiros (todos sentados) e os cerca de 20.000 que se teñen dado algunha vez, con xente de pé.


A súa construción foi impulsada grazas, fundamentalmente, aos éxitos deportivos da SD Compostela. Pero non é de uso exclusivo futbolístico: tamén consta de pista de atletismo (8 rúas de 400 metros), ximnasios para adestrar que ocupan un total de 4.000 metros cadrados, e a posibilidade de practicar deportes de pista. Para a iluminación empregáronse 4 torres fóra do estadio, fustes ou columnas de hormigón, onde se colocaron grandes paneis de proxectores.


O edificio aséntase sobre unha ampla plataforma de acceso que se arella co viario do Plan Especial da zona e cun aparcadoiro complementario. O terreo foi un obstáculo serio para a súa construcción, un terreo elástico nada axeitado para o recheo e compactado das zonas de xogo e deporte.


Ademais das instalacións deportivas e o aparacadoiro, conta cun área administrativa e un bulevar.


O custo do proxecto foi de 16.230.000 € (uns 2.700 millóns das antigas pesetas).


Un dos momento máis importantes da historia do estadio é o seguinte, San Lazaro exibíuse ao mundo, grazas a Ronaldo:


http://www.youtube.com/watch?v=LEOFxq2vbiw


San Lázaro converteuse no “Estadio Nacional” para moitos, xa que a selección galega debutou en 2005 fronte a Uruguai, ante un estadio que se quedou pequeno para a ocasión (a única vez…):


http://www.youtube.com/watch?v=ISGaIER5WhM
















PAVILLÓN MULTIUSOS FONTES DO SAR


pastedGraphic_1.pdf


É un pavillón multiusos construído na nosa cidade no ano 1998. Ten un aforo de 6.025 persoas sentadas, cando se sitúa unha grada retráctil no lado oposto á entrada. É o polideportivo máis grande de Galiza (seguido do Pazo dos Deportes de Lugo) se non contamos o Coliseo de A Coruña como pavillón.


A versatilidade e estrutura funcional do edificio, ten a virtude de facer compatible o seu uso diario como centro lúdico e deportivo coa realización de grandes eventos sociais e culturais. Os máis de 10.000 metros cadrados de superficie que compoñen as instalacións do Multiusos Fontes do Sar, (con piscinas ó aire libre, Edificio Multiusos e as 500 prazas de aparcadoiro situadas no exterior) foron creadas baixo un criterio ben definido: A Multifuncionalidade.


O Multiusos Fontes do Sar alberga concertos (actuaron artistas da talla mundial como Bob Dylan ou Sting) e mesmo a semana pasada espectáculos tan diversos como o Circo du Soleil. Tamén se practica waterpolo e natación. E mesmo en 2008, o Goberno da Xunta de Galiza encheu o polideportivo de area para que a selección galega de fútbol praia puidera debutar diante da selección de Portugal. Mais sen dúbida, a práctica máis importante que se fai no Multiusos é a dos equipos profesionais da cidade: o Arteal de tenis de mesa, o Autos Lobelle de futsal e o Obradoiro CAB que milita na mellor liga de baloncesto de Europa e “enche” o pavillón cada vez que xoga na casa. Actualmente, e sobre todo os siareiros do baloncesto, están a alcumar ao Multiusos Fontes do Sar como o “Mexillón Arena” pola publicidade de Mexillón de Galicia que se mostra no recinto.


Segundo o arquitecto redactor do proxecto “neste pavillón está moi clara a idea toda a historia de Santiago de Compostela”. O orzamento para a obra foi de 19.230.000 € (3.200 millóns das antigas pesetas).





CAMPO E PAVILLÓN MUNICIAPAL DE SANTA ISABEL


pastedGraphic_2.pdf


pastedGraphic_3.pdf


É o terceiro recinto máis importante da cidade. Con capacidade para albergar a 1.200 persoas emprégase principalmente para a práctica de fútbol e fútbol 7, en modalidades base.


Sitúase mesmo moi preto do centro da cidade, e ao lado está o pavillón referencia de Compostela ata a construción do xa mencionado Multiusos Fontes do Sar. O Pavillón Municipal de Santa Isabel ten capacidade para algo máis do millar de espectadores e o seu uso non é público, baixo solicitude como a maioría dos pavillóns da cidade, senón que se reserva para que os deportistas dos equipos profesionais da cidade adestren.





PAVILLÓN DO RESTOLLAL


pastedGraphic_4.pdf


É terceiro pavillón máis importante de Compostela. O aforo do mesmo redúcese moito contando con tan só 600 lugares para espectadores. A superficie é de parquet e conta con 6 vestiarios (dous deles destinados para tarefas arbitrais).


Preparado para a práctica deportiva de calquera modalidade de pista. Na actualidade adícase principalmente a celebrar actividades de karate e futsal.

O orzamento total do pavillón, ubicado nunha parcela de 2.100 metros e deseñado polo arquitecto Antonio Pena, é de 1.065.374 euros.


O resto de recintos deportivos de Santiago de Compostela son, os pavillóns municipais de Santiago Apóstol, Carmen Estévez (Roxos), Quiroga Palacios, Lamas de Abade, Lorenzo de la Torre, Monte dos Postes e Vite, os pavillóns de colexios con mención especial para o do Instituto Rosalía de Castro e o campo municipal de As Cancelas.



pastedGraphic_5.pdf


(Pavillón do Rosalia de Castro)



-Reflexión final:


Dende o noso parecer pensamos que a nosa cidade está avanzada no que se refire a deportes que se practican “a teito pechado”. Estamos orgullosos de ter o mellor pavillón de Galiza (por outra banda é algo máis que compresible xa que temos os mellores deportistas da Terra en fútsal e baloncesto) e non estamos tan orgullosos do Estadio San Lázaro, que ten moito que envexar aos estadios doutras cidades galegas como A Coruña, Vigo ou mesmo Pontevedra, coa reforma do seu estadio. Tamén comprendemos que sexa así, xa que a capital de Galiza non goza do primeiro nivel de deportes que se pratican “ao aire libre”… Resumimos a nosa postura coa frase: temos o que merecemos, pero non esquezamos de que estivemos precisando durante anos destas instalacións das que agora podemos gozar.


Traballo realizado por:

Juan, Pedro e Alberto

No hay comentarios:

Publicar un comentario