Fundación da cidade
Antes do século IX, ano no que se funda Compostela, non existía a cidade como tal crese que había un campamento romano que puido chegar a ter certa importancia até o século VII.
Nos primeiros anos do século IX fundase a cidade de Santiago de Compostela porque se dixo que o Apóstolo Santiago estaba enterrado aquí. O rei Alfonso II trasladouse a Santiago con toda a súa corte e converterono nun centro de culto cristiá. Nestes anos construese a primeira igrexa de Compostela. A construcción desta é un fito importante para o urbanismo xa que se define por esta.
Nos séculos XI e XII foi a expansión do terreo urbanístico debido a dous acontecementos:
- Construcción da catedral románica.
- Definitivo recinto amurallado.
Deste xeito Compostela convértese nunha cidade burguesa con actividades artesanais e mercantís. O desenvolvemento urbanístico da cidade prodúcese a partir da catedral da que falamos anteriormente e con ela núcleos urbanos dispersos.
Outro aspecto moi importante que aconteceu nos primeiros anos da fundación da cidade foi que se converteu nun dos mayores núcleos de peregrinación de Europa.
Construcción da catedral
A construcción da catedra comezou arredor do ano 1075, promovida polo obispo Diego Peláez e o mestre Esteban.
Un dos fitos máis importantes para a súa construcción foi que o bispo Xelmirez accede ao episcopado e dalle un gran impulso á construcción da catedral. As obras rematan no 1125 e a partir de aquí a catedral e a cidade medran ao mesmo tempo e a súa estructura medieval queda definida até os nosos días.
No ano 1168 iniciase a segunda “fase” da construcción da catedra encarga ao mestre Mateo e nesta fase é cando se construen o Coro Pétreo e o Pórtico da Gloria, obra mestra do arte románico.
No século XIII a catedral mostrase en todo o seu esplendor e aumentan as peregrinacións o que dá lugar á construcción de conventos nas portas das cidades como os de Belvís, San Francisco, Santa Clara ou Santo Domingo situados fora da muralla.
Baixa Idade Media
Nos sécalos XIV e XV a cidade comeza a obter un carácter de cidade académica e estudantil.
A cidade renacentista
As primeiras décadas do século XVI supoñen o comezo da transformación urbanística do núcleo monumental de Santiago, iniciada coa fundación polos Reis Católicos do Hospital Real. É a época de esplendor do plateresco. O século XVI comeza incorporando a dimensión civil á cidade e péchase co rexurdimento das congregacións relixiosas. O Renacemento sentou as bases do extraordinario conxunto de espazos públicos dispostos arredor da basílica xacobea, que o período barroco se encargará de completar e perfilar.
A Compostela barroca
O ano 1657 pódese considerar como punto de arranque do barroco compostelán. A transformación urbana comeza coa reforma da catedral. Conventos, igrexas e edificios civís participan deste proceso do que xorde o rostro e o perfil urbano que hoxe admiramos. Mentres tanto, seguen os traballos orientados a converter a catedral no novo estandarte da Compostela barroca, que culminarán coa construción da fachada do Obradoiro. O episodio que pecha o ciclo barroco en Santiago é a construción do Pazo de Raxoi, que tamén configura a praza do Obradoiro. A obra iniciouse en 1767 sobre o proxecto do enxeñeiro Carlos Lemaur, de clara inspiración clasicista.
O século XIX
Ademais das intervencións destinadas a lle dar un maior decoro ó tecido urbano, durante o século XIX prodúcense en Santiago dúas operacións de carácter público e de forte impacto na súa fisionomía: a construción do Mercado ou praza de Abastos e do parque da Alameda. Neste século desaparecen as murallas da cidade.
O século XX
O proxecto máis ambicioso e de maior impacto sobre a aínda embrionaria trama urbana da cidade moderna, durante a primeira metade do século XX, foi a Residencia de Estudantes, que daría orixe ó Campus Sur. A actividade construtiva da cidade vaise centrar nese campus durante as décadas dos anos 60 e 70, un tempo marcado polas tensións e especulacións inmobiliarias que dan orixe ó actual Ensanche.
Un feito histórico decisivo para a cidade de Santiago foi a constitución en 1980 da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa designación como sede da Xunta de Galicia (Goberno galego) e das institucións autonómicas, converténdose en capital política e administrativa de Galicia. Ademais, Compostela experimentou un forte impulso como cidade cultural, comercial e de servizos, impoñéndose unha redefinición do papel da cidade e das súas infraestruturas.
A Compostela do novo milenio
A dimensión que Santiago de Compostela segue a ter como cidade cultural e universitaria, e como punto de encontro para xentes de todo o mundo, alcanzou a súa concreción en diferentes intervencións urbanas que, pola súa calidade e singularidade, participan activamente no diálogo global da vangarda arquitectónica e urbanística deste novo século, como é o caso do Auditorio de Galicia, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), a facultade de Xornalismo, a reordenación da avenida Xoán XXIII –cunha gran marquesiña en fuga e a dársena de autobuses como actuacións destacadas, a Biblioteca pública–, o Palacio de Congresos e Exposicións, o parque de San Domingos de Bonaval, a Cidade da Cultura... que xunto cos abundantes e coidados espazos verdes, a apertura de novos espazos públicos, as esculturas diseminadas pola paisaxe urbana, etcétera fan de Compostela unha cidade na que conviven, dunha forma única, pasado e futuro. Tradición e actualidade.
Traballo realizado por:
Andrea
Alejandro
No hay comentarios:
Publicar un comentario