Dende un comezo o Camiño de Santiago tiña diferentes rutas de chegada, pero co paso dos anos fóronse establecendo algunhas concretas, xustamente nas que os reis e ordes monásticas estableceron mosteiros, calzadas, pontes... e hospitais para poder auxiliar aos peregrins durante a súa camiñata.
Xa nunha das xoias bibliográficas conservada no arquivo da catedral de Santiago: “Liber Sancti Jacobi” popularmente coñecido como“Códice Calixtino” que está composto por cinco libros e varios documentos soltos. O libro V leva a cabo unha auténtica guía medieval da peregrinación a Santiago e nel indica moi detalladamente cales eran os camiños a seguir e os santuarios que se atoparían durante a ruta, as xentes, a comida, a hospitalidade, os costumes... ademáis diso describía as catro vías principais en Francia: a Vía Turonense, a cal saía de París, a Vía Lemovicense, a Vía Podense e uníanse pouco antes de entrar na zona da Península Ibérica; pero como derradeira Vía encontrábase a Tolosana que cruzaba os Pirineos ata baixar a Roncesvalles. E é dende ahí desde onde comeza o chamado Camiño Francés.
O Camiño Francés pódese dicir que é a ruta Xacobea máis transitada, sobre todo, canto máis nos achegamos a cidade compostelana xa que todas as rutas que interveñen no camiño, rematan ou únense a esta.
A ruta consta de 750 km e en realidade chega, ademáis de a Santiago de Compostela, a chamada “fin da terra”. É o que surxiu poucos anos despois da aparición dos restos do Apóstolo e que atraeu a millóns de peregrinos durante os séculos XI, XII, XIII e que se continuaría a o longo dos seguintes séculos. E aínda que sufrui certo declive a súa recuperación levariase a cabo mediante a función que decidiu levar a cabo o cura de O Cebreiro, Elías Valiño en 1972. A súa función foi recorrer esa milenaria ruta enchendo, axudado por axente das provincias polas que ía pasando,
de frechas as encrucilladas do camiño, labor que posteriormente sería seguida por asociacións e institucións.
O porto e a aldea de O Cebreiro abren a entrada a Galicia, por iso se di que se trata da última etapa do camiño, a súa paisaxe e a súa cultura, a cultura dos diferentes camiños de Galicia, trátase de “rutas” para a espiritualidade, para o dinamismo cultural e, como non, para o arte.
Os períodos de maior afluencia de peregrinos e visitantes a cidade de Santiago tanto mediante o camiño Francés como por outras vías, ten lugar nos Anos Santos Compostelanos, que se celebran cada 6, 5, 6, 11 anos, xa que só se celebran cando o día do Apóstolo, o 25 de xullo, cae a domingo, de aquí que este 2010 sexa Ano Compostelano. De maneira que cada século, terá 14 anos santos. Sen embargo, calquer ano e momento é idóneo para realizares o camiño hacia a cidade de Compostela.
Unha vez na cidade, a cal segundo o “Códice Calixtino” se pode entrar medainte sete portas, (“Entre dos ríos, uno de los cuales se llama Sar y otro Sarela, está situada la ciudad de Compostela. El Sar está al oriente, entre el Monte do Gozo y la ciudad; el Sarela está al poniente. SIETE son las entradas y puertas de la ciudad. La primera entrada se llama Puerta Francesa; la segunda Puerta de la Peña; la tercera, Puerta de Subfratribus; la cuarta, Puerta del Santo Peregrino; la quinta Puerta Faxeira, que lleva a Padrón; la sexta, Puerta de Susannis; la séptima Puerta de Mazarelos, por la cual llega el precioso vino a a la ciudad.”) o peregrino que chega á cidade por motivos relixiosos debe visitar a catedral, rezar algunha oración e cruzar a Porta Santa.
A Porta Santa ábrese, tapiada mediante un muro de pedras, a víspera ao ano santo da capital mediante unha ceremonia no exterior da catedral, posteriormente é atravesada polas autoridades relixiosas e só durante o Ano Santo, permanecerá aberta para que os visitantes a poidan atravesar facendo cola dende a praza da Quintana.
Non se trata tan só dunha experiencia relixiosa, xa que logo, tamén cultural, de arte, diversión...
O camiño de Santiago de Compostela vincula a todos os amantes do saber para levar a cabo unha aventura única mediante a camiñata.
Referencias de Internet:
http://www.arteguias.com/camino-santiago.htm
Traballo de: Iván e Olalla
No hay comentarios:
Publicar un comentario